
Cando realizas o ciclo de Educación Infantil acadas a titulación de Técnico Superior en Educación Infantil.Con este título podes acader a algunhas carreiras, entre elas maxisterio de Educación Infantil, tamén podes acader a ofertas de traballo tanto en empresa pública como privada.
Referente a empresa privada podemos citar as garderías, ludotecas, centros de ocio ou autoemprego medinte Sociedades Anónimas ou entidades de iniciativa social (Fundacións).
Respecto a empresa pública podemos aceder a persoal da Xunta ou a persoal de Concellos e Deputacións, neste senso podemos atopar contratos fixos ou temporais, para rematar falar por último das galescolas as cales dependen do Consorcio Galego de Servizos e onde as prazas ríxense mediante un curso oposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario