miércoles, 10 de diciembre de 2008

AUTOEMPREGO NA EDUCACIÓN INFANTIL


Cando falamos de autoemprego estamos a falar de crear a nosa propia empresa.
Co titulo de técnico en educación infantil podemos acceder a traballar tanto en escolas privadas como públicas.
Pero mirando cara o futuro a mellor opción seria a do autoemprego,é dicir, crear a nosa propia garderia favorecendo así tamen a existencia de novas prazas nas escolas tanto públicas como privadas.
Está claro que o autoemprego ten moitas cousas a favor pero é un mundo moi complexo.

FORMACIÓN E EMPREGO NOUTROS ESTADOS DA UNIÓN EUROPEA




Co novo plan instalado "O plan bolonia" formarse en calquera estado da Unión Europea ten vantaxes xa que oa formarse en calquera estado de UE tes a posibilidade de que co teu título sexa convalidado en toda a Unión Europea e iso abre un abano de oportunidades de poder buscar traballo fora do teu país sen necesidade de chegar a outro país e ter que volver a formarte.


Isto é unha oportunidade para todos os estudantes porque con esta iniciativa podes mellorar no teu traballo e traer novas ideas para desenrolar o teu posto de traballo.

¿HOMES NA EDUCACIÓN INFANTIL?





En tódalas especialidades de maxisterio, sobre todo no ámbito infantil predominan as mulleres (90%).

Durante os primeiros anos de vida os nenos crean un forte vinculo coas nais,polo que a figura femenina convertese nun referente para o neno.

Eu personalmente penso que os homes estan sendo discriminados neste senso, isto é así debido a que dende sempre a muller foi a encargada dos labores da casa,do cuidado dos nenos,de levalos a escola...por iso os pais desconfian á hora de levar os seus fillos a unha escola na que haxa un educador infantil, por temor a que non relalize ben o seu traballo.

Parece mentira que no siglo XXI se estea a plantear isto. A hora de educar tanto un educador como unha educadora o suficientemente preparado/a pode levar a cabo ese labor, sen ter que pararnos a pensar se é home ou muller.

¿EDUCADOR OU EDUCADORA?


A pesar de vivir no século XXI e "falar coa boca chea"de igualdade aínda hai moitos sectores que isto non se cumpre, un deles e o mundo da educación infantil onde predomina o sexo femenino, quizaís porque é o home quen non se quere integrar neste sector ou é este sector o que non quere integrar ao home.

Dende sempre díxose que a nai e o cativo teñen un vínculo moi especial por iso a hora de contratar persoal se decantan polas mulleres que ademaís diso levan a fama de ser máis coidadosas, ordeadas...

Tampouco nos podemos olvidar que a muller sempre foi a encargada do coidado dos nenos e este estereotipo é o que fai que non se confíe nun home para coidar os nenos e nenas aínda que estea máis preparado.

OPORTUNIDADES DE FORMACION E EMPREGO NOUTROS PAISES DA UNION EUROPEA



No que respecta a formación e o emprego na Unión Europea temos as mesmas saídas que no noso país, os estudantes teñen a posibilidade de viaxar a outros países coas correspondentes axudas.
No marco laboral carácterizase por ter unha baixa tasa de emprego, e unha insuficiente participación de traballadores, aínda que varía dun lugar a outro.
Con esta tasa de emprego tan baixa e o envellecemento da poboación fixouse un obxectivo de aumentar a tasa de emprego, e integrar a máis mulleres no mundo laboral,reduciar os incentivos a xubilación anticipada...




A UE é unha oportunidade para todos

VALORACIÓN DA FORMACIÓN O LONGO DA VIDA


Nós desde pequenos vamos o colexio coa intencion de aprender todo aquelo descoñecido para nós que máis adiante nos servirá para desevolvernos na vida.

Vamos pasando por varios niveis: Etapa Infantil,Primaria,ESO,Bachiller... nos que o final acadas un título.
Con todos estes títulos que acadas ou non ó longo da túa vida podes atoparte sen emprego, e enseguida xorde a pregunta de: ¿De que me serviu estudiar esto?,non se atopa unha resposta moi clara, xa que moitas das materias estudiadas nunca as vamos a utilizar no traballo a desempeñar.

Outra cousa que ocorre e que moitas veces non atopas traballo no que realmente queres por motivos de falta de experiencia,falta de cualificacion...e outra vez volves a empezar a estudiar para seguir formandote.

POSIBILIDADES DE AUTOEMPREGO NO SECTOR DE EDUCACIÓN INFANTIL




O ciclo superior de Técnico de Educación Infantil abrenos as portas para traballar en escolas de Educación Infantil tanto públicas como privadas, e nestas últimas onde podemos autoempregarnos xa que podemos montar a noso propia gardería, que sería unha opción moi boa para coseguir un posto de traballo neste sector.

martes, 9 de diciembre de 2008

VALORACIÓN DA FORMACIÓN AO LONGO DA VIDA


Dende pequenos vamos á escola con fin de aprender para poder desenvolvernos mellor no noso futuro.Vamos superando diferentes nives educativos os cales unha vez superados (normalmente) acredítasenos con un título, por exemplo: o título da ESO.

A pesares de acadar varios títulos na túa vida podes atoparte co problema de non ter emprego e plantexaste a seguinte pregunta ¿Para que tanto estudar?, e realmente non encontras unha respota. Pasamos media vida a estudar ( é en moitos casos cousas que no teu futuro non che van a servir para nada) para que no momento de incorporate ao mundo laboral non encontres traballo naquela profesión para a cal te levas preparando case toda a túa vida entón entras no mundo laboral traballando en algo que, a maioría das veces,non che gusta. Ehh... volta a comezar, segues preparandote para o que a tí che gusta, sería como a "pescadilla que se morde a cola".